Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Obra Social La Caixa colaboran para axudar ás familias que se atopen en situación de emerxencia social


# Xoves, 04/12/2014
Ana González Abelleira explicou que esta donación de 12.000 euros irá destinada para Emerxencia social e para un programa de intervención familiar en Lamas de Prado

Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Sociais e Benestar Social, Ana González Abelleira, e o Director da Área de Negocio de La Caixa en Lugo, Jose Manuel López López, anunciaron esta mañá unha nova colaboración da entidade en materia de obra social.

A Obra Social La Caixa  fixo un donativo ao Concello de Lugo por importe de 12.000 euros para levar a cabo diferentes programas destinados a paliar a situación de risco de exclusión social na que se atopan algunhas familias da cidade.

Ana González explicou que “esta cantidade vaise a destinar a dous programas diferentes, por un lado emerxencia social e por outro intervención social con familias e co que imos a seguir traballando cos máis desfavorecidos para mellorar as súa calidade de vida”.

Pola súa parte, Jose Manuel López, incidiu en que “o compromiso social de La Caixa forma parte do noso adn” e que “a pesares da situación económica actual mantense o compromiso coa obra social desenvolvendo diferentes programas”.

O Concello de Lugo destinará 10.000 euros para Emerxencia social coa finalidade de tratar de paliar as situacións de carencias graves en aspectos básicos da vida cotiá como pode ser medicamentos, cueiros ou alugueres e facturas. Neste sentido, os datos indican que do total de beneficiarios a porcentaxe de mulleres representa mais do 50% das persoas que obteñen ditas axudas e os conceptos son entre outros, pago de alimentos, gastos de farmacia, alimentación infantil ou cueiros.

O gasto en emerxencia social realizado ata outubro de 2014 é de 211.046 euros polo que coa suma desta aportación o orzamento deste servizo pasa a ser de 270.000 euros, xa que o Concello de Lugo aumentara a súa partida en case a metade para dar resposta ás necesidades da cidadanía.

A responsable da área de Servizos Sociais anunciou que a cantidade restante, 2.000 euros, vaise a destinar a un programa de intervención familiar que comeza en decembro e que se realizará na Unidade de Traballo Social de Lamas de Prado. Este programa que se realiza todos os xoves dende este mes e ata mediados de 2015 en horario de 10 a 12 ten como finalidade proporcionar unha formación básica a pais e nais adolescentes en relación ós coidados e atención dos seus fillos co obxeto de previr a aparición de posibles situacións de desprotección dos mesmos nun entorno de vulnerabilidade e emerxencia social.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova