Imprimir

ALUMNOS DE DO CUARTO CURSO DO GRAO DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS DA USC VISITAN AS INSTALACIÓNS DO CEI


5/12/2014

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, recibiu a un grupo de 27 alumnos de curarto curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da Universidade de Santigo de Compostela que efectuaron esta mañá unha visita ás instalacións do CEI-Nodus.

Durante a súa visita, que comezou ás 11 da mañá, e na que tamén participou a Decana da Facultade, Begoña Barreiro, os estudantes recibiron información sobre as actividades e a labor que desenvolve o CEI-Nodus. Na visita posterior coñeceron o traballo que desenvolven a empresa Instituto de biotecnoloxia Médica Aplicada no laboratorio, o taller do Estudio de Ingenierie Ende 3 e a oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural do Leadre+ en Lugo Asociación Terras de Lugo.

O CEI-Nodus e o Cocello de Lugo manteñen unha relación de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela tanto na posta en marcha de proxectos europeos como na recepción de becarios.