Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica as cláusulas que rexen a venda de 150.000 accións do Club Deportivo Lugo


# Martes, 09/12/2014
Os compradores non poderán deslocalizar o clube e deberán manter a súa identidade lucense, conservando na súa denominación o nome de Lugo

O BOP publica hoxe o prego de cláusulas administrativas que rexe o proceso de venda de 150.000 accións do Club Deportivo Lugo. 60.000 son propiedade do Concello e 90.000 da Deputación provincial, a quen lle fixo o Concello a encomenda de xestión para a súa venda, aprobada polo Pleno municipal do 1 de decembro. 

O paquete de accións ten un valor de 1.500.000 euros, equivalente ao 49,47% do capital social do clube (o 19,79% do Concello e o 29,68% correspondente á participación da Deputación).

O sistema de enaxenación é o de concorrencia competitiva mediante concurso, posto que este é o único que pode ser condicionado, é dicir, no que a lexislación permite establecer determinadas limitacións e requisitos que os futuros compradores deberán cumprir.

Entre estas limitacións están, por unha banda, esixir que o futuro proxecto impida o risco da deslocalización do clube e, por outra, que asegure que, en calquera caso, este sempre manterá a súa identidade lucense, conservando o nome de Lugo.

No concurso valoraranse outros criterios non puramente económicos como, por exemplo, que o proxecto deportivo do comprador ou compradores manteña un elevado nivel de implicación co fútbol base, apostando pola canteira, ou que este permita a participación cidadá e busque a maior implicación posible de toda a sociedade lucense co CD Lugo


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova