Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Obradoiros, teatro e música son as principais apostas do Concello para que pequenos e maiores desfruten da época de Nadal en Lugo


# Martes, 09/12/2014
Carmen Basadre destacou a diversidade de actividades dirixidas para todos os públicos entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as diversas actividades que o Concello organiza para a época de Nadal e que están dirixidas a todos os públicos.

Carmen Basadre explicou que “dende o Concello traballamos para que nestas datas todos os veciños e veciñas e todos os visitantes poidan desfrutar de actividades alternativas para todas as idades” e sinalou que son numerosas as actividades repartidas por toda a cidade e zona rural.

O programa que se presentou esta mañá está dividido en catro partes segundo o lugar no que se realizan as actividades. Así, haberá activiades na rúa como a Feira ArteNadal na praza Anxo Fernández Gómez, ou a presencia dun carteiro real que irá polos diferentes barrios da cidade en horario de 17 a 19 horas a partir do 26 de decembro para que todos os nenos e nenas poidan entregar a súa carta para os Reis Magos de Oriente. Tamén forma parte deste apartado a Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro con saída ás 18 horas e que este ano contará con novidades e sorpresas.

Nun segundo apartado están as actividades no Auditorio Municipal Gustavo Freire e que comezarán o próximo sábado 13 coa representación da obra de teatro benéfica de O barco sen mariñeiro a cargo de Achádego Teatro e o recaudado irá destinado ao Banco de Alimentos. Entre o día 13 e o 3 de xaneiro haberá 13 actuacións diferentes dirixidas ao público infantil como a actuación da Orquesta Panorama Kids o día 14 ou o de Juan “D” e Beatriz con Los Lunnis o día 27 de decembro.  Tamén para os bebés de entre 6 e 3 anos haberá unha obra de teatro a cargo da compañía Teatro de Semente o día 23 ás 17.30 e as 19.30 horas.

Durante este Nadal tamén o renovado Mercado de Abastos contará con actividades musicais e xuvenis que comezan o sábado 13 co IV Troco Xuvenil Solidario Recicla o que tes entre as 11 e as 13.30 horas. O venres 26 de decembro haberá un cotillón solidario de Nadal en beneficio da Cruz Vermella co programa de recollida de xoguetes e dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que queiran pasar unha tarde divertida entre as 17 e 21 horas. Para asistir deberán inscribirse previamente no 010 entre os días 19 e 23 de decembro.

Carmen Basadre tamén anunciou actividades en diferentes emprazamentos como centros de convivencia ou no propio MIHL, do que destaca un proxecto en colaboración coa Obra Social La Caixa, que baixo o nome Planeta Móbil. Vive o mundo da astronomía, permitirá aos nenos e nenas coñecer os segredos da astronomia a través de proxeccións nunha cúpula con pantalla semiesférica situada na sala da Caixa Negra do museo. Esta actividade inaugúrase o luns 22 ás 19 horas e poderá visitarse ata o día 28 de decembro.

Ademais destas actividades dirixidas para os máis pequenos tamén se levan a cabo outras obras de teatro e actuacións musicais dentro do programa de Nadal como son as actuacions das corais, orfeóns e grupos vocais de Lugo que se desenvolverán en diferentes espazos da cidade.

Obradoiros Nadal Creativo
Por segundo ano consecutivo vai a celebrarse o Nadal Creativo, unha serie de actividades infantís que se desenvolverán nunha carpa que se vai situar na Praza de Anxo Fernández Gómez e co que se “trata de ofrecer actividades relacionados co Nadal que ofrezan un tempo de lecer aos máis pequenos á vez que estimulan a súa creatividade e ademais o ano pasado tiveron moito éxito” segundo Carmen Basadre.

Estes obradoiros comezan o día 20 de decembro e rematan o 4 de xaneiro e desenvolverase simultaneamente dous talleres en horario de 11.30 a 13.30 e polas tardes serán catro talleres de 1 hora e media entre as 17 a 18:30 e de 18:30 a 20 horas. A inscrición será gratuíta e está recomendado para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos previa inscrición a través do 010 e deberán ir acompañados por un adulto. Os talleres terán un número de prazas de 25 por sesión agás os de decoración de baroo que o número de prazas será de 12 por sesión.

Nos obradoiros aprenderán a elaborar un belén con plastilina, decoración en barro, bolboretas con pinzas, postais e adornos de Nadal ou globoflexia entre as moitas actividades de manualidades e decoración.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova