Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participa na entrega de distincións da Asociación Castiñeiro e Nogueira


# Mércores, 10/12/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, asistiu esta tarde ó nomeamento de novos Membros de Honra da Asociación Castiñeiro e Nogueira, que se celebrou no salón de actos da Casa do Saber.

O Alcalde foi o encargado de entregarlle a distinción á ONCE e a súa Fundación.
O presidente da Asociación Castiñeiro e Nogueira, o avogado Antonio Álvarez González, foi o encargado de abrir a quenda de intervencións desta sesión pública, que estivo guiada polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e durante a que se procedeu á distinción como Membros de Honra da Asociación Castiñeiro e Nogueira a Francisco Javier Abajo Merino, xeneral xefe da Fuerza Logística Operativa; Ramón Carballo, subdelegado do Goberno en Lugo; Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo; Verónica Tellado Barcia, directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, e á Once e a súa fundación.
 
A Asociación Castiñeiro e Nogueira é coñecida fundamentalmente polo seu traballo a prol da recuperación e rehabilitación de camiños históricos, así como pola posta en marcha dun proxecto de recuperación e dinamización do social do mundo rural galego, a través do que se achega a esencia desta realidade á mocidade de distintas procedencias e culturas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova