Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá xoves o escritor e académico Darío Xohan Cabana será o protagonista da Cata Literaria do MIHL


# Mércores, 10/12/2014
Tamén haberá o Bocata Literario ás 18 horas a cargo de Antonio Reigosa e Noemí López

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, lembra que mañá xoves 11 de decembro os amantes da literatura e da gastronomía teñen unha nova cita coa Cata Literaria que nesta ocasión terá como protagonista ao escritor e académico Darío Xohan Cabana.

Así, a partir das 20 horas, Darío Xohan Cabana que comezou a súa actividade literaria pública polo 1968, e a súa bibliografía conta con máis de cincuenta títulos individuais, vai a presentar a obra na que está a traballar e que se centra na tradución D’A Divina Comedia co texto orixinal á fronte e acompañada de amplas notas explicativas desta obra senlleira da literatura mundial. Poeta e narrador, recibiu algúns dos máis importantes premios literarios de Galicia, e a súa novela Galván en Saor é un dos libros galegos máis vendidos de todos os tempos.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai comida elaborada polos alumnos do Ciclo Superior de Cociña e Restauración do IES Sanxillao, que farán un menú especial ademais de viño da Ribeira Sacra a cargo de Bodegas Palacio de Diomondi. Tamén, durante o evento, haberá música a cargo do gaiterio Simón Piñón e da violinista Ioana Pérez.

Ademais para as persoas que queiran asistir disporán dun bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saída da Casa Sindical ás 20 horas e volta ás 22:30 horas.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30), nas propias librerias participantes e na web entradas.lugo.es .

Bocatas con Antonio Reigosa e Noemí López

Mañá xoves tamén os máis pequenos teñen unha cita coa literatura nos Bocatas literarios e da man do escritor Antonio Reigosa e a ilustradora Noemí López. Así, a partir das 18 horas os nenos e nenas que se acheguen ao MIHL desfrutarán dunha suculenta merenda. O prezo é de dous euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova