Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo felicitou ao Club Fluvial pola placa de bronce ao Mérito Deportivo concedida polo Consello Superior de Deportes


# Mércores, 10/12/2014
En concreto a área galardonada é o Club de Triatlón Ciudad de Lugo Fluvial

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, agradeceron e felicitaron a Antonio Pérez Montecelo, representante da directiva do Club Fluvial de Lugo, pola placa de bronce da Real Orden do Mérito Deportivo concedida polo Consello Superior de Deportes.

Con esta mención ao Club de Triatlón Ciudad de Lugo Fluvial recoñecese o bo traballo levado a cabo por esta entidade ao longo dos anos especialmente en materia de triatlón.

López Orozco felicitou en nome de todos os lucenses ao Club Fluvial e lembrou que “só hai tres entidades en toda Galicia que teñan esta medalla e a única de Lugo é o Fluvial”.  Ademais tamén os invitou a seguir traballando polo deporte lucenses e levando o nome da cidade polas diferentes competicións nas que participan.

Pola súa parte, Antonio Pérez, sinalou que están felices porque é un recoñecemento a moitos anos de traballo e moito esforzo para ter os resultados deportivos que ten non só a área de triatlón senón tamén outras como o piragüismo. Neste sentido, explicou que o palmarés acadado por esta entidade en competicións a nivel nacional, europeo e incluso internacional é a mellor mostra da profesionalidade coa que se traballa no Club Fluvial.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova