Imprimir

O CEI-NODUS ACOLLE A UNHA NOVA EMPRENDEDORA A COCIÑA DE PILAR QUE ADEMAIS DE CURSOS DE COCIÑA OFRECE UN MENÚ DIARIO CON PRODUTOS NATURAIS


11/12/2014

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, acompañada pola emprendedora Pilar Fernández Neira, presentaron unha nova empresa, A Cociña de Pilar, que se instalou recentemento no CEI-Nodus.

A empresa capitaneada pola cociñeira Pilar Fernández ofrece cursos de cociña para todas as idades e en horarios adaptados ás necesidades dos alumnos. Ademais tamén conta cun servizo diario de menú que se pode encargar para levalo a domicilio e que se pode coñecer previamente a través da súa páxina de facebook.

Tamén explicou que ten talleres infantis para que os máis pequenos aprendan a probar diferentes texturas e a relacionarse coa comida e talleres para nenos e nenas a partir de 8 anos que lles interese coñecer o mundo da cociña.

Rosana Rielo manifestou que o CEI-Nodus é un espazo que axuda a desenvolver ideas de emprendedores e no que se están realizando importante proxectos que xeran novos postos de traballo.