Imprimir

A FEIRA DE ARTESANÍA SOLIDARIA DIVERSIARTE ESTARÁ INSTALADA NA PARTE DE ATRÁS DO CONCELLO OS DÍAS 16, 17 E 18 DE DECEMBRO


11/12/2014 O horario será ininterrumpido entre as 1.00 e as 20.30 horas e haberá postos de venda de produtos elaborados polas asociacións

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, acompañada por MªCarmen Río Moida, en representación da Asociación Galega de Afectados por Lupus, e Mercedes Faraldo Pereira, en representación da Asociación de Diabéticos Lucenses, presentaron unha nova edición da feira de artesanía Diversiarte 2014.

Así, os días 16, 17 e 18 de decembro, na carpa situada na Praza Anxo Fernández Gómez, todas aquelas persoas que precisen facer regalos solidarios poderán atopar diversos produtos elaborados polas asociacións e que ademais lles servirá de financiación e promoción.

Así, un ano máis, colaboran neste mercadiño solidario ONCE, Fademga, Alucem, Aspnais, Auxilia Lugo, San Vicente de Paul, Asociación de Diabeticos Lucenses, Cogami, Down, AGAL, Raiolas, Alufi, Anade, Alcer, Parkinson Lugo, Alume, Alusor, Adace Lugo, AFALU, AGAFI, Asorlu e Feafes e Capaces Lugo.

Ana González Abelleira destacou que dende o Concello manténse o compromiso de axudar as entidades sociais, e en materia de dependencia, e asegurou que se seguirá facendo o esforzo para mantelo e para lograr unha igualdade real das persoas con algunha discapacidade ademais de sensibilizar á poboación.