Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo leva por primeira vez as Aulas Abertas á zona rural


# Xoves, 11/12/2014
O Concello de Lugo organiza actividades durante o Nadal para mellorar a conciliación da vida familiar e laboral e o prazo para inscribirse é entre os dias 15 e 17 de decembro

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades socioculturais para o Nadal que teñen como obxectivo axudar a conciliar a vida familiar e laboral nesta época de vacacións para os máis pequenos da casa.

González Abelleira sinalou que “estamos próximos a unhas datas nas que os nenos e nenas non teñen escola polo o Concello ofrece alternativas para aqueles pais e nais que traballan e non teñen con quen deixalos poidan  estar tranquilos sabendo ademais que van a estar divertíndose pero tamén aprendendo”.

Este ano as actividades de Nadal contan cunha novidade con respecto a anos anteriores xa que “por primeira vez as Aulas Abertas se van a realizar nas escolas rurais de Rubiás e San Xoan para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos” segundo explicou a Concelleira de Benestar Social. Ademais todos os nenos e nenas que queiran entre 3 e 11 anos poderán solicitar unha das 20 prazas que se ofrecen en cada un dos centros de Fingoi, Lamas de Prado, Maria Balteira, Milagrosa e Uxio Novoneyra para participar nas Aulas Abertas que terán lugar os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro en horario de 09:30 horas a 13.30 horas. O prezo será de 1,03 euros o día, e a inscripción poderá facerse entre o 15 e o 17 de decembro nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.

Outra das novidades que anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade é o Baile de Nadal para maiores que se celebrarán os días 28 de decembro e 4 de xaneiro entre as 18 e as 20 horas no Mercado Municipal de Abastos. Ademais de contar con música en directo tamén se fará entrega de produtos típicos de Nadal. Estes dous bailes de Nadal sustitúen aos habituais dos centros de convivencia manténdose, eso si, o resto dos bailes nos días de costume.

Este Nadal tamén realizarán actividades familiares no Centro de Convivencia de Fingoi coa representación de teatro de monicreques para nenos e nenas de entre 3 e 10 anos ás 18 horas e o día 2 de xaneiro un Concerto de Nadal co Orfeón Lucense, o Coro de San Francisco Javier e a Agrupación Xeada ás 19 horas. Ambas actividades son de carácter gratuíto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova