Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade fixo entrega dos premios aos gañadores do V Certame Narrativo Xuvenil Entre Iguais e do V Certame de fotografía Revelando o Machismo


# Venres, 12/12/2014
Esta mañá tamén tivo lugar unha das reunións do Foro de Igualdade no que se gardou un minuto de silencio polas vitimas da violencia de xénero

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, fixo entrega esta mañá dos premios do V Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que premia ás creación de mozos e mozas en dúas categorías diferentes, de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos, e o V Certame de Fotografia Revelando o Machismo.

O obxetivo destas actividades é promover o valor da igualdade entre homes e mulleres dende a infancia para que medren con valores de respeto de cara a ambos sexos. No caso do certame de narrativa os premios estan divididos en dúas categorías, na dos máis pequenos, con premios valorados en 200, 100 e 60 euros, e na segunda, cun premio valorado en 250, 150 e 100 euros. O certame de fotografía valora as imaxes que plasmen unha imaxe relativa á desigualdade entre homes e mulleres, o sexismo, ou a violencia de xénero entre outros temas. O premio está dotado con 600 euros e foi para a lucense Amalia Gorgoso Pacios cunha imaxe de dúas zapatillas, unha azul e outra rosa, nunha balanza.

Os premiados no certame narrativo recaeron en:

• Na categoría de 12 a 14 anos.

1º PREMIO
Manuel Rubiños Trelles, co relato de título “A ver se o aceptas”
2º PREMIO
Paula Rodríguez Franco, co relato de título “Agora xa foi”
3º PREMIO
Ainhoa Vázquez Reigosa, co relato de título “Azul/Rosa”

• Na categoría de 15 a 18 anos.

1º PREMIO
María Martínez González co relato de título “Entre iguais”
2º PREMIO
Laura Vicente, co relato de título “Un lugar moi pequeno”
3º PREMIO
Nerea Gandoy Frieiras, co relato de título “A igualdade”


Foro de Igualdade
Esta mañá tamén tivo lugar a reunión do Foro de Igualdade do Concello de Lugo no
que se gardou un minuto de silencio en memoria das mulleres vitimas de violencia machista ao longo do ano. Ademais tamén se felicitou ás asociacións pola participación nos actos de conmemoración do Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova