Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e os irmáns Vallejo fixeron entrega das becas a catro seleccionados dos cursos de copilotaxe


# Luns, 15/12/2014
Dende a área de Xuventude convocáronse estes dous cursos no que participaron 50 mozos e mozas e que forma parte do programa de ocio alternativo +XTI

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañados por Diego e Sergio Vallejo fixeron entrega dos diplomas aos catro alumnos becados que participaron nos dous curso de copilotaxe organizados dende a área de Xuventude.

Estes catro participantes, entre os que se encontra unha muller, foron os seleccionados despois de realizar as clases teóricas e as prácticas nun circuito pechado para acompañar como copilotos a Sergio Vallejo nalgunha das competicións nas que participa.

López Orozco destacou que “é un honor contar neste curso cos irmáns Vallejo” que ademais de “extraordinarios deportistas son un exemplo de boa xente, unha faceta que destaca por riba da súa condición de campións”. Neste sentido, o Alcalde, manifestou que lle gustaría que “fosen un exemplo para todos nós e para os mozos e mozas que asistiron ao curso á hora de manipular vehículos xa que, por riba de todo, está o cumprimento das normas de circulación e para correr os circuitos pechados”.

Pola súa parte, a Concelleira de Cultura, sinalou que é probable que ante a gran demanda que tivo este curso se volva a repetir durante o ano 2015 ademais de lembrar que esta actividade dirixida a mozos e mozas da cidade está financiada a través dos fondos do Plan Nacional sobre Drogas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova