Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O campo de fútbol do Ceao levará o nome do lucense José Carballido Cerceda


# Luns, 15/12/2014
López Orozco destacou o labor que desenvolveu dentro do asociacionismo veciñal e deportivo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, acompañados polo fillo e por numerosos compañeiros do mundo do deporte e da asociación de veciños da Milagrosa, visitaron a placa co novo nome do campo de fútbol situado no Polígono do Ceao que pasará a chamarse “José Carballido Cerceda”.

López Orozco destacou que esta acción é un recordo a unha persoa que traballou moito en todos os movementos sociais tanto a nivel de asociación de veciños como no fútbol base “é unha homenaxe ao finado José Carballido Cerceda”.

“Estou moi contento de que leve o seu nome xa que é unha maneira de recordar para sempre a unha persoa que no barrio da Milagrosa e na asociación sempre traballou polos demais” segundo o Alcalde de Lugo e tal como sinalou a propia Federación de Asociacións de Veciños de Lugo na proposta que fixo para poñerlle nome a este campo.

O Alcalde tamén lembrou que “é un orgullo que tanto Luis López Gorgoso e agora José Carballido teñan o seu nome nuns campos de fútbol que están sendo usados por numerosos mozos e mozas” e explicou que na medida na que se melloran as infraestrurturas tamén aumenta o número de deportistas que a practican tal como era idea destes dous lucenses.

No campo de fútbol do Ceao levouse a cabo unha reforma integral cun orzamento de preto de 230.000 euros. Así, fíxose o cambio total do sistema de drenaxe, instaláronse diferentes capas de terreo e realizouse unha nova plantación de céspede natural ademais de melloras na entrada e no entorno do recinto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova