Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibiu a un grupo de 50 escolares de 2º de Primaria do colexio María Auxiliadora


# Martes, 16/12/2014
Os pequenos interesáronse pola vida na cidade e o traballo que se realiza sendo alcalde

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de escolares do colexio María Auxiliadora cos que falou sobre as necesidades que ten Lugo. O grupo, formado por 50 alumnos de segundo curso de primaria, mostrouse interesado na vida diaria de Lugo.

Os nenos e nenas preguntaron sobre as funcións do Alcalde e ademais, fixeron preguntas do tipo de “cal foi a decisión máis dificil de tomar” ou “cal foi a primeira decisión que tomou como Alcalde”. Ademais, tamén preguntaron por situacións diarias como obras nas súas rúas ou o remate das obras do Auditorio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova