Imprimir

O ALCALDE RECIBIU A UN GRUPO DE 50 ESCOLARES DE 2º DE PRIMARIA DO COLEXIO MARÍA AUXILIADORA


16/12/2014 Os pequenos interesáronse pola vida na cidade e o traballo que se realiza sendo alcalde

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de escolares do colexio María Auxiliadora cos que falou sobre as necesidades que ten Lugo. O grupo, formado por 50 alumnos de segundo curso de primaria, mostrouse interesado na vida diaria de Lugo.

Os nenos e nenas preguntaron sobre as funcións do Alcalde e ademais, fixeron preguntas do tipo de “cal foi a decisión máis dificil de tomar” ou “cal foi a primeira decisión que tomou como Alcalde”. Ademais, tamén preguntaron por situacións diarias como obras nas súas rúas ou o remate das obras do Auditorio.