Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta mañá inaugurouse o mercadiño solidario Diversiarte 2014 que estará aberto ata o xoves 18


# Martes, 16/12/2014
Os postos estarán situados na carpa ubicada na Praza Anxo Fernández Gómez

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participaron esta mañá na inauguración do mercadiño solidario Diversiarte 2014 que estará situado na Praza de Anxo Fernández Gómez, na traseira do Concello.

No acto de inauguración, o Alcalde, animou a todos os lucenses a realizar as compras do Nadal neste mercadiño xa que “ademais de atopar todo tipo de agasallos e produtos realizados polas asociacións tamén nos podemos informar da labor que desenvolven ou pedir información”.

O Mercadiño Solidario, que ofrece produtos elaborados polas diferentes asociacións que participan, permanecerá aberta dende hoxe, martes 16 de decembro ata o xoves 17 de decembro, en horario ininterrumpido de 11.00 a 20.30 horas.

Así, un ano máis, colaboran neste mercadiño solidario Fademga, Alucem, Aspnais, Auxilia Lugo, San Vicente de Paul, Asociación de Diabeticos Lucenses, Cogami, Down, AGAL, Raiolas, Alufi, Anade, Alcer, Parkinson Lugo, Alume, Alusor, Adace Lugo, AFALU, AGAFI, Asorlu e Feafes e Capaces Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova