Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo interpretará unha versión do clásico de Charles Dickens, Conto de Nadal


# Martes, 16/12/2014
A actuación será o xoves 18 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire con entrada gratuíta

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Isabel Méndez e Raquel González, Directora e Vicedirectora  do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, presentaron Conto de Nadal, que se representará este xoves no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O Conservatorio de Danza de Lugo presenta unha versión dirixida ao público infantil e que está interpretada por estudantes de diferentes graos do centro e que contará cunha narradora, neste caso Paloma Lugilde, que irá introdución ao público na trama das distintas escenas.

Carmen Basadre indicou que “o ano pasado encantounos como desenvolveron O Quebranoces e falamos co Conservatorio para que creasen algunha peza especial para o Nadal e asi naceu esta posta en escea que se vai a estrenar este xoves”. Neste sentido, tamén se referiu a importante labor que está desenvolvendo o Conservatorio de Danza e que forma parte do mundo artístico da cidade.

Isabel Méndez e Raquel González explicaron que na actuación, que comeza ás 20.30 horas, van a participar en torno a 80 alumnos de diferentes graos profesionais e das dúas especialidades de danza clásica e danza contemporánea. Serán dúas sesións, unha o xoves para o público en xeral, e outra o venres ás 11 da mañá dirixido ao público escolar e no que está previsto que 800 nenos e nenas de primaria poidan desfrutar deste espectáculo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova