Imprimir

A XIII EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL SALA DE BASE "CIDADE DE LUGO" REUNIRÁ 122 EQUIPOS DE TODA ESPAÑA


17/12/2014 A primeira fase disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro. A fase final será os días 2, 3 e 4 de xaneiro

Os partidos xogaranse no Centro Deportivo Terra, na Casa do Deporte, no Polideportivo O Palomar, no da Piringalla e no Pazo Municipal dos Deportes de Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe do Servicio Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero, e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, presentaron esta mañá a XIII edición do Torneo de Fútbol Sala de Base “Cidade de Lugo”.

Según destacou o Concelleiro de Deportes, este torneo reunirá en Lugo a máis de 1.600 deportistas de todo España que durante eses días tamén consumirán nos negocios locais polo que eso contribúe a dinamizar economicamente a cidade. Nesta edición, o  torneo contará con 130 equipos participantes das catro provincias galegas e doutras comunidades como Castela a Macha, Madrid, Murcia, ou Castela León.

Pola súa parte, Iván Pico salientou que nesta edición “hai un record de participación o que indica que segue a ser un dos torneos máis importantes no panorama nacional” e agradeceu a colaboración do Concello na organización do evento.

A primeira fase do torneo disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro contará con equipos procedentes de toda Galicia. A fase final será disputada os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Entre as dúas fases haberá 1.600 xogadores e xogadoras que participan nas distintas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino), que virán acompañados por case que 200 técnicos.

Os partidos xogaranse en distintas instalacións deportivas da cidade, como o Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar, o Polideportivo da Piringalla e o Pazo Municipal dos Deportes de Lugo.