Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O Concello colabora no programa Sensacións, ponte na nosa pel de sensibilización sobre as dificultades que afrontan as persoas con discapacidade


# Miércoles, 17/12/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, sumáronse hoxe as actividades do programa “Sensacións, Ponte na nosa pel”, que organizou o xornal El Progreso en colaboración coas asociacións Once, Cogami e Xordos, e que contaron co apoio do Concello de Lugo.

López Orozco e González Abelleira, xunto con outras autoridades e persoalidades tomaron parte nunha iniciativa organizada con motivo do Día Mundial da Discapacidade consistente nun circuito con actividades de orientación e destreza dende a praza de Campo Castelo ata a carpa de Diversiarte.

O Alcalde destacou a sensibilidade do Concello de Lugo, que leva anos poñendo en práctica medidas para fomentar no posible a accesibilidade. Neste sentido, o Concello vén de aprobar a realización dun proxecto para mellorar a accesibilidade en tres lugares emblemáticos do Casco histórico como son as prazas Maior, de Pío XII e da Soidade, obras ás que se adicará un investimento total de máis de 153.000 euros.

No percorrido polo circuito, instalado dende onte ata mañá, xoves, as persoas participantes teñen a oportunidade de enfrontarse ás mesmas dificultades que atopan cada día para desenvolver a súa vida as persoas que sofren algunha discapacidade.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva