Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
29/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Lugo acolle a I Semana Cultural sobre a discapacidade organizada pola Fundación Anade


# Jueves, 18/12/2014
As actividades comezarán o martes 23 cunha lectura de contos no Mercado de Abastos e unha obra de teatro no Centro Convivencia Fingoi

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, a delegada da Fundación Anade en Lugo, Ángeles Fernández Maira, e representante en Lugo de Coca-Cola Iberian Partner, Raúl Centelles, presentaron esta mañá a I Semana Cultural sobre a discapacidade da Fundación Anade.

Ana González Abelleira lembrou que o día 3 de decembro foi o Dia Mundial das persoas con Discapacidade e esta é unha máis das actividades realizadas polas asociacións e apoiadas polo Concello de Lugo.

Así destacou que “o Concello seguirá axudando e apoiando a todas as asociacións de Lugo que traballan moitisimo durante todo o ano para facerse visibles e para que a discapacidade sexa tratada de maneira igualitaria”.

As actividades comezarán o próximo martes 23 de decembro ás 11 da mañá no Mercado de Abastos cunha lectura dos contos enviados ao IX Premio Internacional de contos escritos por persoas con discapacidade que organiza a Fundación Anade. Na lectura destes textos participarán autoridades, asociacións e diferentes colectivos.  Ese mesmo día, o grupo de teatro Pinchacarneiros representará a obra Os perseguidores de soños do lucense Lois Péres. Será ás 19.15 horas no Centro de Convivencia de Fingoi, segundo explicou Ángeles Maira.

Finalmente, os días 23, 26 e 29 de decembro haberá a proxección de varias películas participantes no VII  Festival Internacionalde cine sobre a discapacidade, organizado tamén pola Fundación Anade. Así, o martes 23, ás 19.30 horas no Centro de Convivenica Maruja Mallo visionarase o filme La huella de Jaime , galardoada como a mellor película do Festival. 

O día 26 tamén ás 19.30 horas no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra visionaranse a curta Idiota de Fran Estevez que levou unha mención especial e a gañadora do premio á mellor animación Blablabla.

Para rematar o día 29 de decembro ás 19.30 horas no Centro de Convivencia Maria Balteira as persoas interesadas poderán as curtas SuperDown  e o documental El poder de la Música.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva