Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Durante o Nadal os centros de convivencia modifican o seu horario de apertura


# Venres, 19/12/2014
Os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro os centros permanecerán pechados agás o centro convivencia da Milagrosa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, comunica que os centros de convivencia modifican o seu horario de apertura durante o Nadal.

Deste xeito, os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro os centros permanecerán pechados igual que os días 28 de decembro e o 4 de xaneiro. Mentres que o día 6 de xaneiro todos os centros de convivencia abrirán no horario habitual dun día festivo. Os sábados 27 de decembro e 3 de xaneiro os centros de convivencia pecharán en horario de mañá e abrirán pola tarde.

Por outra parte, o domingo 28 de decembro e o 4 de xaneiro terá lugar no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros un baile de Nadal para todas as persoas usuarias dos centros de convivencia da cidade, será en horario de 18 a 20 horas. En canto ao centro de convivencia da Milagrosa abrirá os día 25 de decembro e 1 de xaneiro para celebrar o baile de Nadal, como de costume.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova