Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
25/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Preto de 1.600 corredores danse cita este domingo na XII Edición da carreira Lugo Monumental Gran Premio Divina Pastora


# Viernes, 19/12/2014
A saída será dende a zona da Mosqueira con final na Praza Maior e no que percorrerán 10 km

 Trátase dunha carreira solidaria xa que unha porcentaxe do recaudado polas inscrición será donado á Fundación Taller de Solidaridade


A Concellería de Deportes informa que preto de 1.600 deportistas participarán na XII edición da carreira Lugo Monumental Gran Premio Divina Pastora que terá lugar este domingo 21 de decembro.

As probas comezarás ás 11 horas co percorrido para as categorías infantis comezando na Ronda da Muralla, agás a da categoría mini que o fará dende a rúa Vilalba pero en todos os casos a meta será a Praza Maior. Esta segunda proba do Circuito Corre Con Nós só será puntuable para a clasificación infantil.

A partir das 12 horas dará comezo a proba para adultos que terá un carácter solidario xa que o recadado de inscricións, un total de 1.800 euros, irá destinado para a ONG Taller de Solidaridade, para o proxecto “Soñando un techo en Filipinas” para la reconstrución de 80 vivendas que foron afectadas polo tifon Haiyam en 2013. 

A proba para adultos comezará en A Mosqueira e os corredores enfrentaranse a unha distancia de 10 kilómetros polo centro da ciade e que ten a súa meta diante da Casa do Concello. Os participantes deberán recoller o dorsal e o chip mañá sábado 20 de decembro na Praza Maior de 16.30 a 20.30 horas.

A saída terá lugar as 12:00 h na Ronda da Muralla na zona da Mosqueira fronte o monumento da conmemoración da designación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km. Saída fronte á Mosquera na Ronda da Muralla na dirección da circulación discurrindo pola Ronda ata chegar á altura da rúa doTeatro xiro a esquerda e subida. Santo Domingo. Xiro a esquerda rúa da RaÍña-paso por LIÑA DE META-xiro a dereita baixando pola Praza Maior-xiro a esquerda por Bispo Aguirre a carón do Círculo das Artes e xiro á dereita cara a rúa Villalba enfilando recto ata a Avenida Ramón Ferreiro ata a altura da rúa Pintor Corredoira. Cambio de sentido de novo pola Avenida Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez a en dirección á Ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro a dereita Dtor Portela ida e volta seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, Praza da Constitución, Ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago. Neste punto os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (praza Maior), e chegada á Meta situada ao carón da Casa do Concello.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva