Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social participa na clausura do Proxecto Aprender Traballando realizado pola Fundación Secretariado Xitano


# Venres, 19/12/2014
Neste acto de clausura realizouse a entrega de diplomas ás persoas participantes e ás empresas colaboradoras neste proxecto

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e a Directora Territorial da Fundación Secretariado Xitano, Eva Vera Ledo, participaron esta mañá no acto de clausura Proxecto Aprender Traballando. Neste acto tamén entregaron os diplomas ás persoas participantes a ás empresas colaboradoras neste proxecto.

A través deste proxecto tratouse de conseguir a integración no mercado laboral de persoas de etnia xitana, coa finalidade de normalizar a súa inclusión social na sociedade. Os participantes neste proxecto contaron con formación teórica e práctica, que realizaron nas empresas colaboradoras.

Deste xeito, o Concello de Lugo colabora na loita contra a discriminación e persegue a inserción laboral dos mozos e mozas de etnia xitana.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova