Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugurou hoxe a Feira de Artesáns ArteNadal instalada na praza de Anxo Fernández Gómez


# Venres, 19/12/2014
16 artesáns ofrecen os seus produtos neste mercadiño que estará aberto ata o día 4 de xaneiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na inauguración da XII Feira de Artesáns ArteNadal que abriu as súas portas esta tarde na Praza de Anxo Fernández Gómez.

López Orozco destacou o apoio do Concello ós artesáns que ofrecen nesta mostra unha gran variedade de produtos feitos en distintos materiais e para todos os públicos, polo que animou ós lucenses a achegarse pola feira para escoller os seus agasallos de Nadal.

Este ano Artenadal  chega á súa duodécima edición e consta de 16 postos de artesanía nos que ofrecen os seus traballos artesáns de Galicia.

A feira permanecerá aberta ata o domingo 4 de xaneiro de 2015, en horario de
11.00 a 14.30 de 17.00 a 21.00 horas, agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, que estará pechada.

Os postos que participan este ano son os seguintes: Polo Arte Verde con elaboración de ilustracións en papel reciclado, La Aguada Artesanías especialistas en esmaltado a lume de pezas de cobre; Costura Creativa con bordados e decoración de teas; Cunqueiro Palas de Rei, torneado de madeiras autóctonas; NinGures, especialistas en xoieria en prata e titanio; A Louzariña, de cestería creativa; Nafar, con complementos de moda de tea; OsolDeInverno con roupa de creación propia para nenos e nenas de 0 a 12 anos; Licores Os Maios, con licores artesanais; O Sapo Chosco, bisuteria elaborada con miniaturas; Rappa Taller, elaboran pezas de marroquinería; Soña en Cores, artesanía e poesía en coiro pintado á man; Xalarandá, deseño e fabricación de xoiais e pezas en cobre esmaltado ao lume; Imavi, deseño e elaboración de bisuteria con arxila polimérica; A Feitura, xoieria en prata e Taller Trasnos, elaboración en pel ecolóxica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova