Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O mércores haberá cambios no horario do servizo de autobuses urbanos pola celebración da Noiteboa


# Luns, 22/12/2014


O Concello de Lugo comunica que , como é habitual, o servizo de transporte urbano finalizará unha hora antes o día de Noiteboa.

Esta medida afectará a todas as liñas do transporte urbano de Lugo agás ás que realizan o servizo o Hospital Universitario Lucus Augusti, liñas 14, 14A e especial 14B, que non variarán os seus horarios.

Os autobuses urbanos de Lugo manterán o seu horario habitual de funcionamento na Noitevella, o día 31 de de dembro, data na que non se producirá ningunha alteración no servizo.

Centros de convivencia

Por outra parte, lémbrase que, durante o Nadal, tamén haberá algúns cambios no horario de apertura dos centros de convivencia do Concello de Lugo.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa de que os centros de convivencia permanecerán pechados os días 24, 25, 28 e 31 de decembro e os días 1 e 4 de xaneiro. O día 6 de xaneiro todos os centros de convivencia abrirán no horario habitual dun día festivo e os sábados 27 de decembro e 3 de xaneiro permanecerán pechados en horario de mañá e abrirán pola tarde.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza ademais unha serie de actividades para os usuarios dos centros de convivencia con motivo do Nadal. O domingo 28 de decembro e o 4 de xaneiro terá lugar, no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, un baile de Nadal para todas as persoas usuarias dos centros de convivencia da cidade, que se celebrará en horario de 18 a 20 horas. Ademais, o centro de convivencia da Milagrosa abrirá os días 25 de decembro e 1 de xaneiro para celebrar o baile de Nadal, como de costume.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova