Imprimir

DOCE ESCOLARES DE PRIMARIA RECOLLEN OS PREMIOS DO XXI CERTAME EDUCAR PARA PREVIR ORGANIZADO POLO CONCELLO


22/12/2014

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, fixeron entrega hoxe dos premios do XXI concurso de debuxo escolar Educar para previr.

Nesta edición do certame de debuxo que convoca o Concello de Lugo, a través do servizo de prevención de drogas, dependente de Xuventude, foron doce os premiados que recolleron os seus galardóns nun acto que se celebrou esta tarde no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Este certame, convocado entre o alumnado de primaria, adicouse nesta ocasión ó tema “A importancia dos hábitos e estilos de vida saudables: E tí cómo te coidas?”. Nel participaron 1.400 nenos e nenas, alumnos de nove centros escolares de Lugo

Os premios consistiron en vales para material deportivo por importe de 50 euros, diploma e calendarios cos debuxos seleccionados dos nenos e nenas que resultaron premiados.