Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta volve marxinar a Lugo, desta volta no reparto de subvencións para contratar parados en risco de exclusión social


# Luns, 22/12/2014
O Concello solicitou en xuño as axudas convocadas pola Xunta que non respondeu e o Diario Oficial de Galicia vén de publicar que xa se agotaron os cartos

Imaxe Asociada
González Abelleira denuncia que Feijóo discrimina a Lugo mentres anuncia importantes investimentos para loitar contra a pobreza


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que, mentres Feijóo anuncia importantes investimentos para facerlle fronte á pobreza en Galicia segue a denegarlle subvencións ó Concello de Lugo para dar emprego a parados en risco de exclusión.

A Concelleira de Benestar Social censurou que ó mesmo tempo que o Presidente da Xunta fai eses anuncios a bombo e platillo de medidas contra a pobreza, o Concello de Lugo enterase, polo Diario Oficial de Galicia, que o Goberno galego non vai non subvencionar a contratación de persoas veciñas de Lugo que se atopan en risco de exclusión social.

González Abelleira denunciou o abandono ó que a Xunta somete, unha vez máis, a Lugo e explicou que o Concello solicitou unha subvención para contratar durante seis meses 20 persoas en situación de vulnerabilidade, acolléndose a unha convocatoria feita pola Xunta no mes de xuño. Pero dende ese momento non houbo ningunha resposta do Goberno galego á solicitude feita polo Concello de Lugo que só tivo noticia a través dunha resolución publicada, o pasado venres, no DOG de que non se concederá a subvención xa que a Xunta agotou os cartos destinados a estas subvencións.

Ana González Abelleira reivindicou o dereito dos lucenses a recibir da Xunta o mesmo trato que o resto dos galegos e censurou a inxustiza que está a cometer con Lugo o Goberno de Feijóo que “nos deixa de lado outra vez cando somos o Concello de Galicia que máis estamos a investir en políticas sociais”.

A Consellería de Traballo e Benestar, publicou o venres día 19 de decembro unha resolución do 27 de novembro pola que se fai público o esgotamento do crédito previsto na Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga.

Na resolución explícase que esta publicación é consecuencia de que a Orde establecía que “unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes”. Tamén sinala que o importe global das subvencións era de 3.000.000 de euros aínda que posteriormente, no mes de aogosto, ampliouse en 2.000.000 de euros o importe para a cocnesión destas axudas. Asimesmo, indica que “unha vez resoltas as solicitudes presentadas ó abeiro das citadas ordes, constátase que o día 26 de novembro de 2014 se esgotou o crécito dispoñible para a concesión destas subvencións”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova