Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL convértese nun planetario para observar as estrelas e tamén acolle unha mostra de postais de todo o mundo sobre o universo feminino


# Luns, 22/12/2014
O Alcalde inaugurou as dúas iniciativas culturais incluídas no Programa de Nadal organizado pola Concellería de Cultura

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inauguraron esta tarde no Museo Interactivo da Historia de Lugo dúas destacadas actividades que nos permiten disfrutar da astronomía e tamén nos achegan ó mundo feminino a través dun proxecto internacional de arte postal.

Son dúas propostas culturais que pon en marcha a Concellería de Cultura dentro da programación de actividades organizadas para o Nadal e que se dirixen tanto ó público infantil como ós maiores.

O proxecto Planeta Móbil é unha iniciativa pedagóxica da Obra Social La Caixa que se dirixe ós nenos e nenas e que ten por obxecto achegarlle os segredos da astronomía.

Trátase dun proxecto consistente en proxeccións que se levarán a cabo nunha cúpula cunha pantalla semiesférica instalada para a ocasión na sala da Caixa Negra do MIHL. Dentro desta cúpula inchable hai unha pantalla semiesférica que actuará a modo de planetario e na que se realizarán as proxeccións para observar o firmamento.

Este planetario estará instalado no MIHL ata o día 28 de decembro e os pases faranse todos os días dacordo cos seguintes horarios: polas mañás ás 11.10, 11.40, 12.10 e 12.40 e polas tardes ás 17.10, 17.40, 18.10 e 18.40.

Tamén se inaugurou esta tarde no MIHL a exposición “About Women. Proxecto internacional de arte postal sobre a muller”. Trátase dunha mostra de postais de todo o mundo adicadas exclusivamente a mulleres.

A exposición componse de máis de 1.500 postais que son obra de 500 artistas de todo o mundo nas que se reflicte dende distintos puntos de vista o universo feminino. Esta exposición, que abre as súas portas hoxe en Lugo, é froito dun proxecto internacional que puxo en marcha o Colectivo Feminino Proxecto Art-Esencia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova