Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon en marcha os trámites para a integración en Pías do lugar do Curutelo


# Venres, 26/12/2014
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a modificación dos límites entre San Xoán de Tirimol e San Vicente de Pías

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Goberno local aprobou hoxe inicialmente a modificación dos límites entre as parroquias de San Xoán de Tirimol e San Vicente de Pías de xeito que o lugar de Curutelo incorpórase a Pías, segundo informou o Voceiro do Equipo de Goberno e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez.

A Xunta de Goberno, que celebrou a súa xuntanza semanal este venres dadas as festividades de Nadal, deulle o visto e prace inicial á modificación dos límites das parroquias de San Xoan de Tirimol e San Vicente de Pías segundo os planos que foron informados favorablemente polo Servizo de Topografía municipal. O expedente  sométese agora a información pública por un período de 30 días mediante a súa publicación no BOP e no Taboleiro de edictos municipal e, ademais, dase traslado do acordo ós propietarios e propietarias das vivendas afectadas polo cambio de delimitación e ás Asociacións de Veciños de San Xoan de Tirimol e San Vicente de Pías para que formulen alegacións no prazo de 15 días a partir da notificación.

Luis Álvarez tamén deu conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno para a licitación, polo procedemento aberto, da docencia especializada do curso de Impresión Dixital, correspondente ó proxecto Lugo Emprego Activo 2, que se reserva a Centros Especiais de Emprego. A docencia será para 320 horas e o número de alumnos participantes, 15. O presuposto é de 11.200 euros, IVE incluído.

As 9 accións formativas que se inclúen nesta fase do proxecto Lugo Emprego Activo 2 teñen un presuposto total de 72.150 euros, IVE incluído, e beneficiaranse delas 135 persoas desempregadas.  Lugo Emprego Activo 2 é un proxecto para a formación de persoas desempregadas que está cofinanciado nun 80% pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a prórroga por un ano, ata decembro de 2015, do contrato para a prestación do servizo de mantemento e conservación integral das áreas de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais. Ésta é a primeira das dúas prórrogas posibles e faise cun presuposto de 51.906 euros, IVE incluído.



En materia de persoal, a Xunta de Goberno autorizou a modificación do tribunal cualificador do proceso selectivo para o acceso en propiedade a unha praza de Enxeñeiro/a técnico/a industrial pertencente ó cadro de persoal funcionario do Concello, en quenda de consolidación de emprego temporal. Este cambio obedece a necesidade de substituir un vogal suplente por incompatibilidade dada a súa relación de parentesco con dous aspirantes e para o seu lugar foi designado, a petición do Concello, un funcionario da Xunta.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova