Imprimir

ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN LUGO O VII TORNEO INTERNACIONAL CUADRANGULAR FEMININO DE NADAL 2014


26/12/2014 Neste torneo internacional reúnense 7 equipos de diferentes categorías co fin de seguir disfrutando do deporte do baloncesto durante as vacacións de Nadal

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e a representante do Clube Porta XI C.B. - Ensino de Lugo, Conchi Delgado, presentaron hoxe o VII Torneo Internacional Cuadrangular Feminino de Nadal 2014, que contará con 7 equipos de diferentes categorías durante esta fin de semana no Pazo Provincial de Deportes.

Díaz Grandío agradeceu ao Clube Porta XI C.B - Ensino de Lugo a organización deste torneo internacional. Mentres que Conchi Delgado destacou que “este ano o cuadrangular será internacional, xa que contará coa participación dun equipo de Lisboa”.

Realízase xa a séptima edición deste torneo coa finalidade de seguir disfrutando do deporte do baloncesto, no parón das vacación de Nadal para compartir con outros clubes as inquietudes deportivas. 
 
Nesta edición os clubes participantes serán: Club Porta XI C.B. - Ensino de Lugo, C.B. Arxil de Pontevedra, B.F. León, Pío XII de Santiago de Compostela, C.B. Pontumio de Pontedeume C.B. Mercedarias de Ferrol e Rio Maior Basket RMB de Lisboa.

Neste toneo, os obxectivos organizativos estiveron en ampliar o número de participantes e de grupos nas distintas categorías, logrando ter por primeira vez actividade na categoría alevín. Destacar  tamén o  esforzo  e  empeño  en  que  este  torneo adquira carácter nacional e internacional para que as vivencias das deportistas sexan cada vez máis gratificantes; nesta edición conseguíronse ambos obxectivos coa presenza dos clubes B.F. León e o Rio Maior Basket RMB de Lisboa.

Ao incluír no mesmo torneo e nas mesmas datas equipos de 4 categorías diferentes provoca un gran despregue de medios técnicos, de recursos humanos e de recursos materiais polo que hai un gran número de horas de traballo e esforzo adicadas a este evento.

Os equipos participantes na categoría alevín serán: Selección Lucense, Club Porta XI C.B., Pío XII e C.B. Mercedarias. Na categoría infaltil participarán: BF León, Club Porta XI C.B., Pío XII e C.B. Mercedarias. En canto á categoría cadete contará con: BF León, Club Porta XI C.B., CB Arxil e C.B. Mercedarias. En a categoría junior U-20 participarán: BF León, Club Porta XI C.B., C.B. Pontumio e Rio Maior Basket RMB de Lisboa.

A clausura deste torneo e a entrega de trofeos terá lugar o domingo ás 19:30 horas.