Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aprobará hoxe os Presupostos para 2015, que ascenden a 93,5 millóns de euros


# Luns, 29/12/2014
A Xunta de Goberno Local celebrará esta tarde unha reunión para aprobar o proxecto de Orzamentos, dacordo co establecido pola Lei de Administracións Locais

A Xunta de Goberno Local celebrará esta tarde unha reunión extraordinaria e urxente para aprobar os Presupostos do Concello de Lugo para 2015, que ascenden a 93,5 millóns de euros.

A Xunta de Goberno Local aprobará o proxecto de Presupostos municipais en aplicación da nova Lei de Administracións Locais, unha vez que foi rexeitado cos votos do PP e o BNG no Pleno celebrado esta mañá pola Corporación municipal.

Na sesión plenaria, a Concelleira de Economía, Rosana Rielo, destacou o carácter social deste proxecto de Presupostos e tamén criticou na súa intervención que os concellos como o de Lugo que gozan dunha economía saneada non poidan investir o seu superávit en dar atención ós cidadáns e estean obrigados a adicalo exclusivamente ó pago de débeda.

As grandes cifras do proxecto de Presupostos son as seguintes: ascenden a 93,5 millóns de euros, algo menos que nos anos 2013 e 2014 porque as previsións de ingresos son inferiores, entre outras razóns porque o Concello decidiu manter de novo conxelados o ano que vén os impostos, taxas e prezos públicos municipais.

Aumentan, sen embargo, as partidas destinadas a Servizos Sociais, que soben un 3,44%. No caso da Emerxencia Social o aumento é dun 69,69%.

Tamén aumentan un 22,66% as partidas para Cultura, un 5,52% as de Educación e un 3,63% as de Deportes.

Para investimentos a previsión diminúe algo e sitúase en 8,4 millóns de euros, aínda que poderá aumentar coa incorporación de cartos procedentes dos remantentes.

En canto ós ingresos, a reducción é de 1,28%. Contémplase a prosibilidade de contraer un crédito por importe de 2,8 millóns, mentres que a amortización prevista chega ós 6 millóns. Respecto da débeda, Rielo destacou que o Concello reduciu o seu endebedamento nun 66,69% dende 1999, data na que a débeda se situaba en 43,5 millóns de euros.

Servizos para o HULA

Por outra parte, o Pleno aprobou unha proposición en defensa da implantación dos servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica 24 horas no HULA, tal e como se contempla na Iniciativa Lexislativa Popular avalada por máis de 40.000 lucenses que foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego no mes de marzo e que recentemente foi modificada cos votos do Partido Popular.

Asimesmo, a Corporación municipal aprobou catro declaracións institucionais: unha que apoia a baixada da idade de xubilación dos policías locais, dúas de pésame polo falecemento do exConcelleiro Manuel Méndez Novo (pai da Concelleira Sonia Méndez) e da dona do Subdelegado do Goberno, e unha máis na que se felicita a Darío Villanueva polo seu nomeamento como director da Real Academia Española.
Luns
Luns


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova