Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aproba definitivamente o Orzamento de 2015 de 93,5 millóns de euros


# Luns, 29/12/2014
A Concelleira de Economía destacou que son uns presupostos sociais e pensados para a cidadanía 



Imaxe Asociada
Os ingresos de outras administracións para investimentos e obras redúcese nun 15% con respecto ao ano 2013


A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada hoxe aprobou a proposta de Orzamentos do Concello de Lugo para este próximo ano 2015 e que agora deberán ser publicados no Boletín Oficial da Provincia.

Desta maneira, cun total de 93.503.825 millóns de euros, o Concello de Lugo terá un presuposto de marcado caracter social xa que seguen aumentando as partidas destinadas a Servizos Sociais, cun orzamento total de case 8 millóns de euros ou en Emerxencia Social que medra un 69%, un 33.50% en accións de Promoción Social ou un 13.40% no Fogar do Transeúnte, no que se dobra a partida destinada ó servicio de catering. 

Ademais do investimento en Servicios Sociais tamén se aumenta nas áreas destinadas á cidadanía como son Cultura nun 22,66%, estando próximo aos catro millóns de euros, ou a inversión nos museos cun aumento do 373%. Tamén se incrementa nun 5,52% a partida de Educación e dentro da mesma un 20% a destinada a becas para libros de texto para educación infantil.

Do mesmo xeito, tamén aumenta nun 3,63% a partida para Deportes co que se aumentará o apoio ao deporte de base e ao mantemento das instalacións deportivas. Para investimentos a previsión sitúase en 8,4 millóns de euros, aínda que poderá aumentar coa incorporación de cartos procedentes dos remantentes. Tamén se crea unha partida de 500.000 euros para Orzamentos Participativos na que serán os propios veciños e veciñas as que decidan onde se inviste ese orzamento.

Ingresos
No capítulo de ingresos o Orzamento para o 2015 prevé 34,7 millóns de euros, un 0,56% menos que nos orzamentos de 2013, na recadación de impostos directos como son o IBI ou o imposto en vehículos e un 2,33% nos impostos indirectos sendo a cifra prevista de 2,9 millóns de euros. 

En canto, ás taxas e prezos públicos supoñen na parte de ingresos 22,5 millóns de euros, un 4,26% menos que nos anteriores orzamentos. Esta descenso está motivado pola entre outras razóns porque o Concello decidiu manter de novo conxelados o ano que vén os impostos, taxas e prezos públicos municipais.

Neste capítulo de ingresos tamén disminúen nun 15% as transferencias realizadas por outras administracións e que estaban destinadas a investimentos e obras nun total de 4,2 millóns de euros menos. Por outro lado, o capítulo de activos financieiros increméntarase pola venda das accións do CD Lugo ata 700.000 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova