Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As actividades do programa de ocio xuvenil alternativo MAX comezan o venres 9 de xaneiro


# Martes, 30/12/2014
Nesta nova edición mantéñense actividades con moito éxito como o xim-combat, patronaxe e costura ou a preparación para o First

O sábado 10 terá lugar unha nova edición do Troco Xuvenil no Mercado Municipal de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación para de actividades previstas para o vindeiro semestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo o venres día 9 de xaneiro e rematará o 6 de xuño.

A maioría  das actividades terán lugar na Casa da Xuventude, algunhas delas comezan no mes de febreiro e precisan de inscripción previa xa que só teñen 10 prazas. O prazo para as inscripcións previas son ata o 28 de xaneiro na Casa da Xuventude.

Carmen Basadre anunciou que “xa temos concedida a subvención do Plan Nacional Sobre Drogas por importe de preto de 102.000 euros que nos permite realizar estas actividades alternativas ao ocio nocturno para mozos e mozas”.

Actividades MAX

Actividades dos venres

17.00h – 19.00h Iniciación ao Parkour.

19.30h – 20.30h Xim-Combat.

19.30h – 21.00h Curso Costura e Patronaxe. (É necesaria inscripción previa)

21.30h – 23.00h Tiro con Arco (Galeria de tiro do parque de A Milagrosa)

23.00h – 00.30h Patinaxe-Xoquei en liña (Polideportivo de A Piringalla) HL Lugo


Actividades dos sábados

10.30h – 13.30h Preparación do First (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscripción previa)

20.00h - 21.00h Defensa Persoal (Casa da Xuventude) Kickboxing A-Astur

20.30h - 22.00h Tenis de mesa (Parque da Milagrosa) CD Dez Portas

Os venres e sábados de 16.30 a 21.30 horas a Casa da Xuventude ofrece a posibilidade de xogar coa Wii, con xogos de inxenio, con plataformas de baile, billar, ping-pong, internet... Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.

Troco Xuvenil

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  tamén anunciou que este sábado 10 e xaneiro vaise celebrar no Mercado Municipal de Abastos unha nova edición do Troco Xuvenil. Desta maneira, entre as 11 e as 13.30 horas todos os mozos e mozas menores de 35 anos poderán intercambiar todas aquelas cousas que non lles sirvan por outras que precisen como poden ser videoxogos, libros ou roupa. Os mozos e mozas interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude ou ben achegarse ao Mercado ese mesmo dia.

Apoio escolar

Dende o mércores 7 de xaneiro e durante todo o ano tamén se desenvolverán no Punto Xuvenil da Praza do Castiñeiro clases de apoio escolar de luns a venres en horario de tarde dirixida a estudantes de Primaria e de 1º e 2º da ESO.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova