Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A recoñecida escritora Carmen Posadas será a primeira protagonista das Catas Literarias do 2015 no MIHL


# Martes, 30/12/2014
Ademais de tapas con produtos da terra haberá música a cargo do grupo Clave de Luna

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a que será a primeira cata literaria do 2015 e que estará protagonizada pola escritora Carmen Posadas.

Así, a partir das 20 horas do xoves 8 de xaneiro, Carmen Posadas, guiará unha cata coa literatura e a gastronomía no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Carmen Posadas empeza a súa carreira literaria escribindo literatura infantil e xuvenil, labor que prosegue ata 1987. En 1984 o seu libro Viento Norte gañou o Premio Nacional de Literatura á mellor edición. O seu primeiro traballo alén do xénero infantil será Escena improbable, en colaboración con Lucrecia King-Hedinger. Escribe guións de cine e televisión e dous ensaios satíricos: Yuppies, jet set, la movida y otras especies, e una ano máis tarde El síndrome de Rebeca: guía para conjurar fantasmas. Dende ese momento Posadas irá alternando conto e novela. En 1991 publica o ensaio Quién te ha visto y quién te ve! e en 1996 a novela Cinco moscas azules, en 1998 gaña o Premio Planeta coa novela Pequeñas Infamias. Durante estes anos seguiu publicando numerosas novelas coas que a crítica a consegran como unha das mellores escritoras latinoamericanas. A súa última obra ara o momento é a novela El testigo invisible .

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai comida e tapas da nosa terra, ademais de viño da Ribeira Sacra a cargo de Bodegas Palacio de Diomondi. Tamén, durante o evento, haberá música a cargo do grupo musical Clave de Luna. Ademais para as persoas que queiran asistir disporán dun bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saída da Casa Sindical ás 20 horas e volta ás 22:30 horas.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30), nas propias librerias participantes e na web entradas.lugo.es .
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova