Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba a licitación de obras de mellora por importe de preto de 4,5 millóns de euros


# Martes, 30/12/2014
As obras mellorarán preto de 40 rúas da cidade e de case 20 estradas da zona rural

Imaxe Asociada
 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, anunciaron esta mañá a licitación de obras de mellora por importe de 4.416.945 euros. 

López Orozco destacou que estas obras podense levar a cabo grazas aos remanentes dos que dispón o Concello de Lugo pola súa boa xestión económica e que se disporán en diferentes lotes para a súa contratación. Ademais destacou que se realizarán en diferentes puntos da cidade dende a Ronda da Muralla, ata zona da Ronda do Carme, Acea de Olga, Montiron, a Zona Norte da cidade entre Albeiros e Duquesa de Lugo, ou a zona das Gándaras e o Ceao.

Serán máis de 30 rúas da cidade e preto de 20 estradas que unen diferentes parroquias na zona rural e na maioría dos casos terán un prazo de execución de un mes dende o comezo das obras. 

Destacan, as obras de pavimentación en diversas rúas do Polígono Industrial do Ceao por importe de 793.500 euros e que renovarán o firme das rúas dos Artesáns, dos Canteiros, da Inspección, do Vidro, das Mercadorías, da Factoría, Dos Carros, un carril da rúa da Industria e da rúa da Agricultura. Ademais tamén se renovará a pavimentación e os servizos e beirarrúas da Avenida Benigno Rivera. O prazo é de catro meses.

No centro da cidade tamén se levarán a cabo mellora na pavimentación da Ronda da Muralla, entre a Porta de San Pedro e a Porta de San Fernando, e en rúas próximas como Nicómedes Pastor Díaz ou rúa Monforte cunha inversión de 350.999 euros e un prazo de execución de 2 meses.

O Alcalde de Lugo tamén destacou como obras importantes as da zona das Gándaras e o Sagrado Corazón xa que se acometerán melloras na pavimentación das rúas Fisterra, Camiño de Romai,  Camiño de Friás, rúa do Peto, rúa do Cuco e na rúa Virxe dos Ollos Grandes. O investimento nesta zona suma 304.999,97 euros.

Tamén se van a contratar as obras de mellora da pavimentación nas rúas Mar Cantábrico, Margarida, Magnolia, no tramo Colexio Albeiros-Ronda Norte, no Tramo Ronda Norte-Duquesa De Lugo e nas rúas do Mercado de Frigsa. Ao mesmo tempo tamén se arranxarán a rúa Lopo Lías e Noriega Varela nas que ademais haberá renovación dos servizos e beirarrúas. O importe total destas actuacións é de 710.499 euros.

A zona das rúas da Marina Española, Ortega y Gasset, rúa Cornubia e Pintor Corredoira tamén serán obxecto de mellora por importe de 207.000 euros, e que, xunto coas obras de pavimentación nas rúas Alcalde Carlos V. Pimentel, Ronda Do Carme, rúa Azúmara, Ramos Misioné, Rof Codina, Entorno Pazo Municipal, Palomar e Anxo Carro, Glorieta Alfonso X E Virxe da Esperanza por importe de 284.210 euros compoñen este plan de investimento en diferentes zonas do Concello de Lugo.

Zona Rural

O investimento tamén terá unha importante repercusión na zona rural xa que se realizarán obras de rexeneración de firmes en 16 estradas diferentes todas co sistema de aglomerado en quente e das que López Orozco destacou que “este Goberno Local foi o único capaz de levar esta técnica ás pistas da zona rural de Lugo xa que teñen un mellor resultado ao longo do tempo.”
 
As estradas que serán rexeneradas serán a estrada da N-640 ao núcleo de Benade, e aos núcleos de Vila de Arriba e de Rubiás e a Lu–3907 ata a Igrexa de Pías. Tamén se mellorarán os pavimentos da Lu-530 ao núcleo de Castelo de Abaixo, e na que une os núcleos de Recimil a Corvelle, ademais da estrada Lu–P-2922 a Recimil. O orzamento destas inversión supoñen un importe de 397.025 euros.

Tamén mellorará con aglomerado en quentre a estrada que une os núcleos de Ceza a Portenova e de Vilalvite a Ventosiños de Arriba ambas da parroquia de Coeses, ademais da estrada Lu-546 a Sanra Engracia na parroquia de Santa Comba. A estas hai que sumar as melloras na estrada N-640 ao núcleo de Belesar  e a de Argonde a Vilachá todas da parroquia de San Xoan do Campo. O importe de estas actuacións é de 378.273 euros.

Por último, tamén se aprobou a licitación para a rexeneración do firme da estrada da antiga N-540 no núcleo de A Pena en Calde, en Esperante e en Santalla de Bóveda por un importe de 248.903 Euros.

En canto a mellora da rede de abastecemento tamén se aprobou na Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada hoxe a contratación mediante lotes das obras de abastecemento en Fontiñas por importe de 315.000 euros, a renovación da rede de abastecemento na Ronda de Fingoi por importe de 250.000 euros, e as obras de ampliación da rede de abastecemento da parroquia de Meilán por importe de 176.897 euros. Nestes lotes o prazo de execución das obras será dun máximo de 4 meses.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova