Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Cabalgata de Reis do Concello de Lugo contará con numerosas sorpresas entre eles dúas novas carrozas


# Venres, 02/01/2015
Repartiranse preto de 1.500 quilos de caramelos no percorrido desde o Parque da Milagrosa á Praza Maior

 O Concello de Lugo organiza un ano máis a Cabalgata de Reis que permitirá a nenos e maiores disfrutar da maxia e da ilusión chegadas desde Oriente na tarde do 5 de xaneiro.

A comitiva real sairá ás 18.00 horas do Parque da Milagrosa, subirá pola rúa Monte Faro, Avenida da Coruña, Praza do Ferrol, Rúa Bolaño Rivadeneira, Rúa Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e chegada á Praza Maior aproximadamente ás 19.00 horas. Na Casa do Concello, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos pola Corporación Municipal encabezada polo Alcalde, José López Orozco. Os Magos realizarán o seu tradicional pregón desde a balconada da Casa do Concello e posteriormente recibirán aos nenos e nenas.

Como novidade durante o desfile contarase con dúas carrozas máis que farán as delicias dos máis pequenos e que terán como eixo conductor a animación infantil e as personaxes favoritas dos nenos e nenas. Durante o percorrido ata a Casa do Concello desde as carrozas participantes repartiranse preto de 1.500 quilos de caramelos. No seu trono real situado no primeiro andar da Casa Consistorial as Maxestades de Oriente repartirán 2.000 bolsas de lambetadas para todos os nenos e nenas que se acheguen. Ademais haberá numerosas sorpresas ao longo do percorrido e moita animación na rúa.

Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, pídese aos pais o maior coidado cos seus fillos para evitar posibles problemas, aínda que participarán efectivos da Policía Local e Protección Civil.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova