Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo resolve a convocatoria de axudas para microempresas cunha inversión de máis de 220.000 euros


# Venres, 02/01/2015
Estas axudas tamén permiten a creación de 30 postos de traballo en diferentes sectores profesionais

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, informou esta mañá da resolución das axudas ás microempresas que convocara o Concello de Lugo como medida de apoio a novas inversións e fomento da creación de emprego nun sector que sofre as consecuencias da crise económica.

Nesta primeira convocatoria 29 pequenas empresas reunían as condicións establecidas nas bases e obtiveron axudas de ata 20.000 euros para investimento e contratación de persoal. O total de solicitudes foi de 43 e das que 14 foron desestimadas por non cumprir as bases, por exemplo algunha era de fóra do Concello ou por renuncia da propia empresa.

Rosana Rielo indicou que “o total das axudas é de 226.587 euros co que conseguimos axudar a que se cren 30 novos contratos por un mínimo de 6 meses e xeramos movemento nas pequenas empresas e dinamizamos barrios”. Para estas axudas establecéronse dúas liñas de axudas, unha para investimento como son obras, maquinaria, mobiliario, ou equipamento informático, e outra liña para subvencionar gastos de persoal derivados da contratación de persoas desempregadas.

Os requisitos eran ter menos de 10 traballadores, que tivesen un máximo de negocio de 2 millóns de euros e que desenvolveran a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. Ademais a axuda pode chegar ao 50% do total dos gastos e se están promovidos ou se contrate unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova