Imprimir

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBA A REVISIÓN DE PREZOS DOS APARCADOIROS SOTERRADOS E DO SERVIZOS DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE BASURAS


2/1/2015

O Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá revisión de prezos das tarifas para os tres aparcadoiros soterrados sitos nas Prazas de Santo Domingo, Ferrol e Constitución que rexerán dende o 1 de xaneiro de 2015. Así as novas tarifas terán un prezo de 0,0294389 euros/minuto para os primeiros 92 minutos de estancia e de 0,0196260 euros/minuto a partir do minuto 93.

Estas tarifas redondearanse aos 5 céntimos de euros á baixa, e a partir das 12 horas e 01 minutos ata as 24 horas (día completo), o prezo será de 15,05 euros. Ademais nos aparcamentos da Praza de Ferrol e da Constitución seguirán manténdose as promocións de 3,95 euros e 2,95 euros a partir da segunda hora respectivamente.

Outro dos asuntos aprobados foi a revisión de prezos para a actualización, segundo datos do IPC, do contrato coa empresa encargada da limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento. Así, o canon contractual do servizo, para o período comprendido entre o 1 de xullo de 2014 e o 30 de xuño de 2015, quedaría fixado en 5.127.423,62 euros IVE incluído, segundo o IPC interanual de xuño do 2013 a xuño do 2014, que foi do 0,1%.

As ampliación de servizo de recollidas no convenio de data 3/2/99 resulta un custo anual para o período comprendido entre o 1 de febreiro de 2014 e o 31 de xaneiro de 2015 de 462.682,64 euros IVE incluído, de acordo co IPC interanual de decembro do 2012 a decembro do 2013, que acadou o 0,3%. As ampliación de servizo recollidas no convenio de data 2/9/02 para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2014, e considerando o IPC interanual de decembro do 2012 a decembro do 2013 do 0,3%, o custo anual desta aplicación ascendería a 534.956,93 euros IVE incluído.

As ampliacións de contrato que entraron en vigor o 1 de abril de 2007 segundo o IPC interanual de marzo do 2013 a marzo do 2014, que foi do -0,1%, o custo anual ascendería a un global de 1.018.283,34 euros IVE incluído para o período comprendido entre o 1 de abril de 2014 e o 31 de marzo de 2015. En canto á xestión do Punto Limpo, que foi obxecto de modificación de contrato con data 22 de febreiro de 2013, non sufre ningunha variación.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a autorización de horas extraordinarias tanto para varios funcionarios do servizo de Servizos Sociais como para unha funcionaria da Policia Local para a realización e adianto de trámites.