Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo mércores 7 inaugurase a exposición Visións de Lugo no Museo Interactivo da Historia de Lugo


# Luns, 05/01/2015
Está composto por 40 traballos gañadores dos diferentes certames de Pintura Rápide ao Aire Libre

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organiza unha nova exposición que se inaugura este próximo mércores 7 de xaneiro ás 19 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Trátase da exposición Visións de Lugo 2001-2014 e está composto polos cadros premiados no certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo.

Será a primeira vez que se reúnen todas as obras gañadoras do certame que se atopan distribuídas por diferentes instalacións do Concello e que formarán parte dun percorrido ao longo de catorce anos que ilustran a cidade dende diferentes puntos de vista.

Todas elas presentan matices moi diferenciados tanto en técnica como en estilo pero todas teñen como nexo común a rapidez de execución e os diferentes espazos da cidade de Lugo. Un agasallo para a vista e para a imaxinación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova