Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca unha concentración de repulsa polo atentado contra o semanario "Charlie Hebdo", no que foron asasinadas doce persoas


# Xoves, 08/01/2015
O Alcalde condena o brutal atentado de París e defende a liberdade de expresión, un dos piares da democracia

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a concentración convocada polo Concello de Lugo contra o brutal atentado contra o semanario francés “Charlie Hebdo”, no que foron asasinadas doce persoas, onte, en París.

“Temos que condenar con toda a forza este atentado”, manifestou o Alcalde que chamou a atención sobre o feito de que “a liberdade de expresión é indispensable para que exista unha democracia”.

López Orozco asegurou que “é intolerable calar as voces daqueles que queren expresarse democráticamente e libremente” e tamén destacou a necesidade “da convivencia e a tolerancia entre as distintas culturas”, así como do respecto dos dereitos humanos.

O acto de repulsa contra o atentado cometido en París tivo lugar na Praza Maior, diante da Casa do Concello e nel gardouse un minuto de silencio en lembranza das vítimas e contra o acto terrorista no que foron asasinadas.

Ademais de López Orozco, na concentración silenciosa tomaron parte o Primeiro Tenente de Alcalde, Luis Álvarez, concelleiros do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego, o Presidente da Deputación Provincial e a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, entre outras autoridades.

O Concello de Lugo sumouse así a unha iniciativa de condena deste acto terrorista que convocou a Federación Española de Municipios e Provincias.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova