Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo amplía en máis de 100 prazas as actividades socioculturais dos centros de convivencia


# Luns, 12/01/2015
As persoas interesadas poderán inscribirse no centro convivencia Maruja Mallo dende mañá martes 13 e ata o xoves 15 de xaneiro

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá a ampliación en máis de 100 prazas para as actividades socioculturais que se levan a cabo nos diferentes centros de convivencia.

Ana González Abelleira explicou que “ante a demanda de máis prazas e vendo que algunha das actividades teñen espazo para incorporar algunha persoa máis decidimos ampliar os prazas e crear dous grupos novos”. Así, o prazo de inscrición é dende mañá martes 13 e ata o xoves 15 no centro de convivencia Maruja Mallo en horario de 9 a 13.30 horas.

Nesta ocasión, os centros nos que se vai a ampliar o número de prazas son no centro de convivenica do Sagrado Corazón, concretamente, nas actividades de ximnasia para maiores de 60 e ximnasia para menores de 60 anos en cinco prazas cada un dos cursos.

O aumento máis significativo é nas actividades do centro Maruja Mallo no que  se amplían as actividades de baile de salón (4 prazas), pintura iniciación (5 prazas), baile latino (5 prazas), aerobic latino (3 prazas), pilates (5 prazas), musicoterapia (10 prazas), memoria I (5 prazas), memoria II (4 prazas) e baile moderno de nenos/nenas (6 prazas).

Ademáis tamén se pon en funcionamento dous talleres a maiores, un de pilates e outro de ximnasia para maiores de 60, con 25 prazas cada un deles.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova