Cargando....
Concello de Lugo
20/03/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As axudas para pequenas empresas do Concello de Lugo permiten a creación de 30 novos postos de traballo


# Luns, 12/01/2015
O Alcalde de Lugo asistiu á reunión informativa coas empresas beneficiarias destas axudas para o fomento de emprego

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, asistiron esta mañá á reunión informativa para as empresas beneficiarias das axudas que convocara o Concello de Lugo como medida de apoio a novas inversións e fomento da creación de emprego nun sector que sofre as consecuencias da crise económica.

Na reunión celebrada esta mañá, os técnicos municipais, informaron aos beneficiarios dos requisitos que teñen que seguir para cumprir os requisitos ademais da documentación que teñen que presentar. Nesta primeira convocatoria 29 pequenas empresas reunían as condicións establecidas nas bases e obtiveron axudas de ata 20.000 euros para investimento e contratación de persoal.

López Orozco felicitou aos pequenos empresarios por seguir adiante nesta época de crise económica e anunciou que “agardamos poder seguir facendo este tipo de axuda para darlle un pulo ás pequenas empresas e axudando a manter postos de traballo”.

Para estas axudas establecéronse dúas liñas de axudas, unha para investimento como son obras, maquinaria, mobiliario, ou equipamento informático, e outra liña para subvencionar gastos de persoal derivados da contratación de persoas desempregadas. O total das axudas é de 226.587 euros co que conseguimos axudar a que se cren 30 novos contratos por un mínimo de 6 meses, principalmente mulleres.

Os requisitos eran ter menos de 10 traballadores, que tivesen un máximo de negocio de 2 millóns de euros e que desenvolveran a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. Ademais a axuda pode chegar ao 50% do total dos gastos e se están promovidos ou se contrate unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova