Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A partir do xoves os proveedores de todas as administracións terán que presentar as súas facturas por vía electrónica


# Martes, 13/01/2015
O Concello de Lugo adhírese ó portelo FACe creado pola Administración do Estado para a tramitación das facturas electrónicas

Imaxe Asociada
Rosana Rielo anuncia que o Concello acollerase a exención prevista pola Lei para facturas de menos de 5.000 euros

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, anunciou hoxe que a partir do xoves, día 15, os proveedores do Concello, igual que os do resto das administracións, estarán obrigados a presentar as súas facturas por vía electrónica no lugar de facelo, como ata agora, no Rexistro municipal.

Rosana Rielo explicou que esta importante novidade, que é de obrigado cumprimento para todas as administracións públicas e tamén para os proveedores, producirase en cumprimento do que establece a Lei de impulso á factura electrónica e creación do rexistro contable.

A factura electrónica simplificará os trámites ás empresas que prestan servizos e facturan a distintas administracións e tamén lles facilitará o seguemento da tramitación que se seguen nelas.

A Concelleira de Economía tamén explicou que o Concello de Lugo tomou a decisión de adherise ó portelo FACe creado pola Administración do Estado, no lugar de crear un propio, para presentar, a través del, as facturas electrónicas.

Rosana Rielo salientou que a factura electrónica ten vantaxes pero o Goberno local é consciente de que tamén pode plantexar dificultades para algunhas pequenas empresas e, co fin de minimizar o problema que pode entrañar a tramitación da factura electrónica para moitas pequenas empresas ás que o Concello lles contrata gran número de servizos, tal e como explicou a Concelleira, o Concello de Lugo ten previsto poñer en práctica unha exención prevista pola propia Lei.

Rielo explicou que la Lei prevé unha exención da obriga de empregar a factura electrónica no caso de importes inferiores a 5.000 euros e o Concello de Lugo ten previsto acollerse a esta posibilidade e ofrecer a estos proveedores a posibilidade de que sigan presentándoas a través do Rexistro, para o que será preceptiva a autorización do Pleno da Corporación.

A Concelleira de Economía deu conta de que a maioría das facturas que entran no Concello de Lugo teñen un importe de menos de 5.000 euros. Así, informou de que o departamento de Contabilidade rexistrou 6.764 facturas con data de 2014, das que só 1.057 foron por importe superior a 5.000 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova