Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Convocada a undécima edición do Concurso de Ferretes para o Entroido 2015


# Xoves, 15/01/2015


A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración coa asociación Pepe Barreiro, convoca o 11º Premio de Ferretes do Entroido 2015, con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña o día 18 de febreiro de 2015.

O ferrete é unha forma de chamar irónicamente ás coplas que se recitan diante do Concello, ao finalizar o enterro. Van representados en estrofas en verso e o contido das mesmas debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto e da elegancia e a corrección. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia, poñendo o máximo acento no escarnio.

Estas pequenas coplas satíricas poderán presentarse a concurso en galego cun estribillo composto por unha estrofa de catro versos heptasílabos e os propios ferretes de entre catro e seis. Os participantes deberán presentar o seu texto, baixo pseudónimo, antes do 11 de febreiro, nun sobre dirixio á asociación Pepe Barreiro no Servizo de Cultura do Concello de Lugo.

Nesta ocasión, e segundo a tradición, repartiranse un total de 500 euros en premios. Corresponderán 150 ao mellor estribillo, 100 ao primeiro premio en ferretes, 50 ao segundo, 30 ao terceiro e ademais repartiranse 17 premios de 10 euros cada un.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova