Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aumentou o orzamento en servizos sociais e atendeu a máis de 14.500 persoas nos centros de convivencia durante o ano 2014


# Xoves, 15/01/2015
González Abelleira explicou que o perfil de usuarios dos centros é dunha muller de entre 30 e 64 anos da zona urbana e desempregada

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, deu conta esta mañá das cifras de usuarios dos servizos sociais do Concello de Lugo e que ao longo do ano 2014 atenderon a un total de 14.583 persoas, case mil persoas máis que durante o ano 2013 que foi de 13.636 persoas.

 “Os datos que nós temos non indican ningunha melloría na vida das persoas tal como sinala o Goberno de Rajoy, senón todo  o contrario xa que podemos constatar que cada vez hai máis persoas que teñen máis necesidades básicas e que principalmente a súa demanda é a insuficencia de recursos e a falta de emrpego o que lles ocasiona problemas da vida cotia como pode ser o pago de recibos ou alugueres” segundo explicou Ana González Abelleira.

En Emerxencia Social incrementouse o orzamento dende o ano 2012 que pasou dos 157.927 euros a duplicar a cantidade no 2014 e dispoñer de 247.580 euros o que indica que as necesidades aumentan na cidade. En canto aos centros que máis axudas tramitaron foi o Centro de Convivencia de Milagrosa con 72.949 euros, o Centro Convivencia Maruja Mallo que tramitou axudas de emerxencia por 49.288 euros, e o Centro de Lamas de Prado por importe de 42.622 euros.

En canto á atención directa que se realizan as traballadoras sociais nos propios centros, durante o ano 2014 atenderon a 14.583 persoas, un notable incremento con repecto ao ano 2012 que foi de 12.345 persoas. O sector de intervención ven sendo o mesmo que en anos anteriores destacando o traballo en ámbitos familiares, con persoas maiores ou migrantes.

A demanda principal destas intervencións é a insuficiencia de recursos (11.525 demandantes tiñan este problema) e a falta de emprego que supoñen case a metade das demandas ou problemas presentados polos usuarios. Con respeto ao ano 2012 hai un aumento considerable de persoas que acreditan ter insuficiencia de recursos xa que pasan de ser 7.943 no 2012 a ser no ano 2014 máis de 11.500 demandantes. En canto ao perfil das persoas usuarias dos servizos sociais son mulleres de entre 30 a 64 anos (supoñen o 69% dos solicitantes) que residen en zona urbana, segundo explicou Ana González Abelleira.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova