Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do IES Lucus Augusti visitan o Centro de Empresas e Innovación do Concello


# Xoves, 15/01/2015


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, e de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, recibiron un grupo de alumnos do IES Lucus Augusti que efectuaron esta mañá unha visita ás instalacións do CEI-Nodus.

Na visita a estas dependencias municipais tomaron parte 41 alumnos e alumnas de 3º e 4º curso da ESO do IES Lucus Augusti. 

Durante a súa visita, os estudantes recibiron información sobre as actividades do CEI-Nodus e tamén coñeceron o viveiro de empresas, no que visitaron algunhas das empresas e laboratorios que funcionan en locais destas instalacións municipais.

O programa da visita incluiu, tamén, unha charla sobre emprendemento ofrecida por persoal do CEI-Nodus.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova