Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre o prazo de inscrición nos concursos de disfraces do Entroido 2015


# Venres, 16/01/2015
O prazo para inscribirse nestes concursos remata o día 13 de febreiro para o infantil e o 16 de febreiro no caso dos adultos

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que está aberto o prazo para inscribirse nos concursos de disfraces do Entroido 2015. Haberá un concurso infantil e outro de adultos con distintos premios para as categorías de individual, parellas e comparsas.

O concurso infantil de disfraces celebrarase o sábado 14 de febreiro e o de adultos será o martes 17 de febreiro. Os dous comezarán ás 17:00 horas con saída desde o Mercado Municipal de Abastos e discorrerán pola Rúa Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura do Concello de Lugo, situado na Praza Maior. O prazo para inscribirse nestes concursos remata o día 13 de febreiro ás 14:30 horas para o infantil e o 16 de febreiro ata as 14:30 horas no caso dos adultos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova