Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A rede de museos municipais recibiu ao longo do ano 2014 preto de 68.000 visitantes


# Venres, 16/01/2015
O Alcalde e a Concelleira de Cultura visitaron o novo material audiovisual e informativo do Centro Arqueolóxico de San Roque

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron esta mañá as novas pantallas con audiovisuais interactivos instalados no Centro Arqueolóxico de San Roque.

A instalación destas novas ferramentas multimedia, enmarcadas dentro do proxecto europeo Muralla Dixital, permiten ter no unha pantalla táctil con aplicacións sobre o mundo funerario e a actividade oleira no Lugo Romano. Desta maneira, os visitantes, ademais de ver a través desta ferramenta as diferentes pezas de olería atopadas na cidade poden coñecer en que puntos da cidade se atoparon talleres oleiros segundo as excavacións arqueolóxicas e acompañado de imaxes. Outra das aplicacións coas que se pode traballar é o relacionado co mundo funerario da cidade de Lugo dende época romana.

López Orozco destacou que “este tipo de inversión en novos materiais audiovisuais son un motivo máis para que os turistas se acheguen aos museos da cidade e para que os veciños e veciñas poidamos coñecer mellor o noso pasado”.

Desta maneira, o Concello de Lugo instalou cinco pantallas táctiles en tres espazos museísticos da cidade como son o Centro Arqueolóxico de San Roque, na Sala de Exposicións Porta Miñá, no Centro de Interpretación da Muralla e no Museo Interactivo da Historia de Lugo, nos que se poderán consultar diferentes aplicacións multimedia que reconstrúen pezas do pasado romano da cidade. O investimento tivo un orzamento de 21.398,85 euros, a cargo do proxecto Muralla Dixital, que conta con financiamento da Unión Europea.

Visitantes museos 2014
Durante a visita, Carmen Basadre, tamén deu conta do número de visitantes recibidos na rede de museos municipais duranto o ano 2014 que foi un total de 67.715 persoas. Neste sentido explicou que “na comparativa cos últimos anos vemos que se mellora o número de visitantes pero temos que seguir traballando na promoción turística para seguir mellorando e medrando en turismo”.

Segundo as estadísticas municipais o número de visitantes medrou en todos os centros como son o MIHL que no 2013 tivo 6.469 visitantes e no 2014 ascendeu a 7.244 ou a Oficina Municipal de Turismo e Centro de Interpretación da Muralla que no ano 2012 tivo 37.484 visitantes, no 2013 foron 35.174 e xa neste ano pasado foron 38.553 visitantes. Na Sala de Exposicións de Porta Miñá, que abriu en abril de 2014, o número de visitantes foi de 2.043, un cifra bastante máis alta que en anos anteriores que acadara un maximo de 1.946 no 2011.

Tamén está o caso da Domus do Mitreo que se abriu por primeira vez no 2014 e que tivo un número de visitas de 10.597 persoas, ou o propio Centro Arqueoloxico de San Roque que nos meses que leva aberto de 2014 tivo a visita de 930 persoas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova