Cargando....
Concello de Lugo
16/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Corte de táfico a partires do día 19 de Xaneiro


# Venres, 16/01/2015


O Gabinete de Tráfico da Policía Local informa de que a partir do luns, día 19  de xaneiro, e durante dúas semanas, cortarase ao tráfico o tramo da Ronda Das Fontiñas que vai dende o Carril das Flores ata o Carril dos Indios na marxe dos números pares.

Está previsto que o corte teña unha duración aproximada de quince días e durante este período prohibirase o estacionamento nas dúas calzadas deste tramo.

Ademai,s este corte levará consigo restricións e cortes das seguintes rúas adxacentes:

Corte do tramo do Carril das Flores comprendido entre a Rúa Primavera e a Ronda das Fontiñas.

Corte do tramo do Carril das Hortas comprendido entre a Rúa Primavera e a Ronda das Fontiñas.

Modificaráse o sentido da circulación da Rúa Primavera no tramo comprendido entre o Carril das Flores e o Carril das Hortas.

Procederáse a cortar o Carril dos Indios no tramo comprendido entre a Rúa San Eufrasio e a Ronda das Fontiñas.

Estas alteracións no tráfico prodúcense co obxectivo de levar a cabo as obras de reparación do pavimento e renovación dos servizos na Ronda das Fontiñas dende o Carril de Caiñós ata a Rúa San Xillao.

A empresa que realiza as obras instalará sinalización informativa coa suficiente antelación para dar conta deste corte de tráfico e dos itinerarios alternativos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova