Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe comezaron os novos cursos do Lugo Emprego Activo 2 que formarán a 210 desempregados


# Luns, 19/01/2015
Trátanse de 14 cursos de diferentes ámbitos e que teñe entre 240 a 600 horas de formación teórica e práctica

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, visitaron esta mañá o inicio dos cursos da terceira e cuarta fase do Lugo Emprego Activo 2.

López Orozco sinalou que “o Concello fai un esforzo para poder seguir formando aos desempregados de Lugo con diferentes cursos relacionados con nichos de mercado nos que hai certa demanda”. Ademais tamén lles explicou que se prefiren crear a súa propia empresa poden facelo nas instalacións do CEI-Nodus e coa axuda dos técnicos municipais.

Ao longo desta semana comezan once das accións formativas e a finais de mes tres cursos máis que en total supoñen a formación de 210 desempregados da cidade. Así, os cursos que comezan son o de monitor de turismo activo (320 horas), atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións (450 horas), atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio (600 horas), impresión dixital (440 horas), coidador/a de persoas dependentes e enfermas de alzheimer (300 horas), monitor de ludotecas (300 horas), enquisador (350 horas), operacións básicas de catering (400 horas), acabado de carpintaría e moble (550 horas), elaborador de produtos lácteos (475 horas), técnico en transporte sanitario (385), operacións básicas de restaurante e bar (320 horas), instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (490 horas) e o de operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas (240 horas).

O proxecto Lugo Emprego Activo 2 é un plan integral a favor do emprego dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral e facilitar o acceso ó mundo laboral das persoas que sofren algún tipo de dificultade para integrarse ou reintegrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todos e a todas.

As persoas que participan no proxecto entran a formar parte dun itinerario de inserción socio laboral con formación teórico práctica, encamiñada a desenvolver as capacidades das persoas participantes e acadar un nivel adecuado de coñecementos para a súa inserción no mercado laboral. O orzamento total do Lugo Emprego Activo é de 1.549.310 euros, financiados polo Fondo Social Europeo nun 80% do orzamento e o Concello de Lugo nun 20%. Ao longo dos anos 2013 e 2014 leváronse a cabo as dúas primeiras fases do proxecto con catorce accións formativas diferentes e que permitiu formar a 210 desempregados.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova